Na Galicia profunda, atópase un enclave montañoso único, distinto e especial: A Serra do Caurel.
Neste territorio único, fronteira entre o mundo eurosiberiano e o mediterraneo, persisten ata os nosos días os chamados "Soutos"; é aquí onde empeza a nosa andaina. Os Soutos da serra do Caurel son o nacemento de
Caurelor.
¿Quen Somos?
Caurelor, somos unha empresa de corte familiar que leva anos dedicándose á venda de castañas en Santa Eufemia de Caurel. Como sempre na vida todos tentamos mellorar, hai dous anos que decidimos
apostar máis forte e crear unha empresa que conxugue a tradición e cultura da nosa terra, dando lugar hoxe en dia ós productos elaborados con distintos froitos que nos ofrecen estas terras únicas
de Caurel.
A nosa aposta pola castaña dos soutos centenarios, non é novo, xa que ata non hai moitas décadas era o alimento básico de persoas e animais ó tratarse dun alimento moi nutritivo e abundante no
Caurel. Hoxe en dia, poñemos tódalas nosas ilusións e esforzos por dignificar, ainda máis se cabe, á castaña. Para isto elaboramos os nosos productos mesturando tradición e cultura
herdada das xentes da nosa terra.
¿En qué nos diferenciamos?
A novidade da nosa empresa, ademáis de atoparnos nunha zona única e especial tanto a nivel paisaxístico, natural e cultural, é que elaboramos productos soamente con froitos da Serra do Caurel como son as
castañas, arandos, moras silvestres, noces... O proceso de fabricación é 100% artesanal e ecolóxico, non empregamos máis que a maquinaria necesaria, o resto do traballo é manual e sen
ningún tipo de conservantes nin insecticidas; trátase de seguir o máximo posible ó respeto ó medio que nos rodea e unhas técnicas elaboración ancestrais, dando lugar a productos
únicos con un sabor incofundible pola sua natureza e preparación exquisita.